Entradas

Saída de Nadal

Despois de uns días de diversión con numerosos xogos, tanto de mesa como deportivos; e talleres de Nadal, os nenos e nenas do campamento de Arbo xunto cos nenos e nenas que participaban nos talleres de Nadal do Concello das Neves foron de excursión o Belén de Valga e como remate final a nosa aventura de Nadal os nosos cativos foron os paxes das súas maxestades os RR. MM. De Oriente.

Programas de Conciliación de Nadal do 2023-2024

Os programas de Conciliación son un piar fundamental para todas as familias que por motivos laborais e/ou persoais precisan dun servizo de calidade onde deixar aos menores fora do período escolar. Pero ademais, teñen outra función, que é a de liberar ás mulleres das cargas familiares  (coidado dos fillos) que por tradición recae sobre elas principalmente, e que por desgracia na actualidade, segue pasando.

Por outra banda, o Nadal é unha das épocas favoritas das nenas e dos nenos, son días de ilusión, de celebracións, de achegarse ás familias….e por suposto, de vacacións, polo que os programas ou as actividades de conciliación son fundamentais para todas as familias.

Para as actividades do Nadal 2023-20234 dos Concellos de Arbo, Avión, Dodro, Cuntis, Mesía, Muros, Pontecesures e O Pino, SERVICIOS INTEGRALES DE FORMACIÓN (SIF), elaborou un proxecto lúdico-pedagóxico co nome “NADAL CON IMAXINACIÓN” un proxecto coas que as crianzas desfrutarán das vacacións do Nadal realizando  actividades lúdicas, talleres, e xogos no que as/os participantes poderán divertirse empregando a creatividade e imaxinación como piar fundamental.

Fundamental será tamén a creación de diferentes ambientacións dependendo da festividade do momento (noiteboa, nadal, santos inocentes, fin de ano…) sempre tendo en conta os gustos e as inquedanzas dos/as nenos/as, e no que poderán liberar toda a súa creatividade e imaxinación.

As Lavandeiras en Arbo

Co nome de Pioneiras en Redes Sociais «As lavandeiras», o domingo 12 de Marzo no multiusos de Arbo, dito concello quixo homenaxear  a esas mulleres que forma parte da nosa historia e que marcaron unha época.

Quixeron por en valor esas mulleres que tiñan que traballar na casa, fora e coidar os nenos,e que ir o lavadoiros supuña para moitas un escape, un poder falar con outra xente, un poder enterarse do que pasaba no pobo, o que hoxe en día veñen sendo as redes sociais.

O APALPADOR NO CAMPAMENTO DE ARBO

Os nenos e nenas do campamento tiveron unha visita que non se esperaban, a do APALPADOR. 

Coñeceron a súa historia, cantaron e bailaron con el, e puideron pasear no seu burro.

Cómo recompensa o polo ven co fixeron, agasallounos cunha árbore.

RECUNCHOS DE NADAL

SIF inicia dende hoxe, un ano mais, a súa proposta lúdica e pedagóxica para os programas de conciliación dos Concellos de Arbo, Avión, Cuntis, Dodro, Mesía, Muros, O Pino e Pontecesures. 

Coa mesma ilusión de sempre, as crianzas coñecerán e xogarán nos “Recunchos de Nadal”, espazos de aprendizaxe e diversión dedicados á música, ás tradicións, aos personaxes, aos doces e aos obradoiros de Nadal.

As mañás destas vacacións de Nadal converteranse polo tanto, nun tempo para o enriquecemento da aprendizaxe das crianzas dun xeito dinámico, lúdico e participativo, co obxectivo de axudar na conciliación ás familias que o precisen.

Mercado de Nadal

Esta fin de semana celebrouse en Arbo o Mercadillo Solidario de Nadal, no que ademais de numerosos postos de artesanía e segunda man, estabamos nos, cos obradoiros; onde os nenos e nenas podían vir e facer os seus adornos de Nadal, ( Papá Noeles de goma Eva, trasgos de la, postais…).