TeoMadruga Ramallosa
Volta a rutina!!
Moi bos días madrugadores e madrugadoras, toca voltar ao cole e retomar as nosas rutinas. Dende madrugadores da Ramallosa esperamos que pasarades un bo nadal e sobre todo que veñades coas pilas ben recargadas.
Aínda así, semana tomámola con moita calma para que os nenos e nenas poidan ir adaptándose de novo aos madrugóns. Por iso, os máis pequenos e pequenas levan toda a semana pintando, xa que é o que máis lles gusta, e podendo desfrutar de tempo libre.
Para semana esperamos que as temperaturas suban un pouquiño para poder retomar a nosa rutina de saír a fora a despexar un pouquiño, pero mentres sigamos con este frío tocaranos estar ao quentiño do comedor.
Feliz semana!

BO NADAL!!

Moi boas madrugadores e madrugadoras, antes de contarvos o que fixemos estes días querémosvos desexar un bo nadal e un 2021 cheo de sorrisos e felicidade.
E agora si que si vos contamos o que fixeron esta semana os noso nenos e nenas do cole da Ramallosa. Empezaron a semana con moita ilusión contándonos o que escribiran nas súas cartas a Papá Noel e como non tamén puideron remataron de pintar algúns debuxos e bolas de nadal, actividade que lles fascinou, ían encantados coas súas bolas para a casa, estamos seguras de que lle quedaron unhas árbores preciosas.
O último día xa so contaban os días que faltaban para o 25 de decembro, e contábannos todos emocionados que collían vacacións, teñen moi merecido un pequeno descansiño.
Pero antes de despedirnos ata xaneiro, os nosos nenos e nenas recibiron unha pequena sorpresa, Papá Noel deixaralles un pequeno agasallo a cada un deles, non poden ter queixa! E isto é todo por este trimestre, ata a volta e bo nadal madrugadores e madrugadoras!
A nadiña das vacacións!
Moi bos días madrugadores e madrugadoras, esta semana temos moitas cousas para contarvos, xa que os nenos e nenas do cole da Ramallosa están moi traballadores. Debe ser o Nadal que os pon moi contentos.
Como ben sabedes, os nosos pequenos e pequenas artistas gústalles moito pintar debuxos, polo que esta semana estiveron pintando un montón deles sobre o Nadal. Pero a pesar disto tamén tiveron tempo para adicar a outras manualidades máis decorativas.
Realizaron bolas de Papá Noel, en cartón, as cales utilizamos logo para decorar o noso comedor, por outra banda tamén puideron realizar unhas pequenas bolas para decorar as súas árbores nas casas, pensamos que van a ter os mellores adornos deste nadal!
A pesar de que xa nos quedan moi pouquiños días para coller vacacións e descansar, os nosos nenos e nenas seguen a traballar arreo para chegar a casa cun montón de manualodades. Con isto so nos queda dicirvos feliz semana e ata o próximo día!

Pilas recargadas!!

Moi bos días madrugadores e madrugadoras, esta semana os nenos e nenas da Ramallosa chegaron coas pilas ben recargadiñas, despois de desfrutar de uns días de descanso.
A pesar de xa estar de pleno a traballar en cousas relacionadas co nadal, os nosos nenos e nenas non se olvidaron de adicar un tempo aos animais, xa que hoxe dia 10 de decembro celebrase o día internacional dos dereitos dos animais. Para conmemorar este acontecemento realizaron diferentes debuxos e uns marca páxinas con animais que eles mesmos pintaron. Esperamos que vos gusten tanto coma a nos.
E por último so vos imos a contar que esteadas preparado para a semana que ven, xa que están mans a obra con cousas moi chulas. Deica a próxima semana!
Benvido Decembro!!!
Toca darlle a benvida a Decembro, dende madrugadores da Ramallosa estamos moi ilusionados con este novo mes. Os nosos nenos e nenas xa están contando os días que quedan para nadal, parece ser que teñen ganas dunhas vacacións, pero de momento toca traballar un pouquiño.
Esta semana, o día 3 de Decembro, celebrase o día Internacional das Persoas con Discapacidade, por iso os máis pequenos e pequenas estiveron a traballar en actividades relacionadas con este tema. Realizaron diferentes debuxos cos que logo decoramos un paraugas, xa que este ano utilizamos o lema “baixo o mesmo paraugas” para defender a igualdade da diversidade.
Por outra banda, os nenos e nenas xa están a traballar en outras cousiñas, pensando na semana que ven, pero para saber de que se trata teredes que esperar unha pouquiño, vémonos a semana que ven.

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Bos días unha semana máis, dende o madruga da Ramallosa temos moitas novidades como de costume.
En primeiro lugar, querémosvos contar que o, 25 de Novembro, celebrouse o día internacional contra a violencia de xénero. Un día moi marcado no calendario, xa que tristemente moitas mulleres sofren esta situación de violencia, por iso quixemos inculcarlle aos nenos e nenas o valor da igualdade entre homes e mulleres. Falamos con eles sobre o tema, algúns xa sabían de sobra a importancia de este día tan negro; pintaron mans con logos contra a violencia; carteis; lazos morados…. Como queriamos que todos vos concienciásedes un pouquiño sobre esta gran problemática tamén fixemos con moita ilusión un vídeo todos e todas xuntas, iso si recordade que sempre mantemos as distancias de seguridade, excepto os irmáns que teñen a gran sorte de poder estar ben pegadiños en estes días que nos toca vivir.
Por outra banda, esta semana tamén tiveron a sorte de poder saír a fora, alí escorrentamos o frío cun par de carreiras e xogando a Simón di.
Pero isto non é todo, xa que xa estamos mans a obra pensando nas actividades da semana que ven, isto é un non parar!
Boa semana, e ata a próxima!
CELEBRAMOS A TOLERANCIA
Esta semana os madrugadores e madrugadoras da Ramallosa estiveron a traballar en actividades destinadas ao día internacional da tolerancia, que se celebrou o pasado 16 de novembro. Entre todos fixemos o noso propio mural sobre este día tan importante.
Ademais disto, aos nosos pequenos e pequenas deulles tempo de pintar un montón de debuxos. Están moi traballadores, todo hai que dicilo.
Por outra banda, tamén puideron facer puzzles, xogar cos bloques de construción, o domino… pero iso si, sempre de forma individual, cada un no seu sitio sen levantarse, sen compartir cos compañeiros e con pezas para cada neno e nena.
Estamos moi orgullosas de todos por aceptar e respectar tan ben todas estas novas normas a hora de xogar. Seguide así que o estades a facer moi ben!!
E con todo isto so nos queda contarvos que xa estamos man a obra en outras actividades para a seguinte semana. Esperamos que vos guste o resultado do noso mural e ata a semana que ven.

Benvido Novembro!!

Dende madrugadores da Ramallosa dámoslle a benvida a Novembro con moitas ganas, pero sobre todo con moitas actividades en mente para realizar todos xuntos.
Antes de ensinarvos novas cousiñas, que xa están a facer os nosos pequenos e pequenas, querémosvos ensinar o resultado dos seus contos sobre Ratatouille, os que estiveran a realizar durante todo o mes de outubro. Estes contan cun resumo de dita película e un montón de debuxos pintados por eles, están feitos todos uns artistas. Esperamos que vos guste o resultado!
Deica a semana que ven!
Nova semana e novas actividades!!
Esta semana témola cargadiña de novas, pero vimos coas pilas ben cargadas despois de poder desfrutar deste festivo.
Aquí, no concello de Teo, o 11 de novembro celebramos o San Martiño, polo que os madrugadores e madrugadoras da Ramallosa estiveron dedicando estes días a actividades relacionadas con esta festividade. Realizaron uns marca paxinas moi orixinais, diferentes debuxos de porquiños e unha decoración moi especial para o noso comedor. Deixámosvos as imaxes para que vexades que chulo nos quedou todo, esperamos que vos guste tanto coma a nos.
Pero ademais disto, os pequenos e pequenas convertéronse en científicos e científicas para celebrar o día internacional da ciencia, que se celebrou o pasado 10 de novembro. Todos xuntos, iso si respectando sempre as distancias de seguridade, elaboramos un experimento moi espumoso e colorido.
E por esta semana foi todo, para a próxima fixo vos traemos moitas máis novidades. Un saúdo e ata a semana que ven.

Benvido Novembro!!

Dende madrugadores da Ramallosa dámoslle a benvida a Novembro con moitas ganas, pero sobre todo con moitas actividades en mente para realizar todos xuntos.
Antes de ensinarvos novas cousiñas, que xa están a facer os nosos pequenos e pequenas, querémosvos ensinar o resultado dos seus contos sobre Ratatouille, os que estiveran a realizar durante todo o mes de outubro. Estes contan cun resumo de dita película e un montón de debuxos pintados por eles, están feitos todos uns artistas. Esperamos que vos guste o resultado!
Deica a semana que ven!
Chega halloween!!!
Moi bos días! No cole da Ramallosa estamos contando os días que faltan para Halloween, por iso todos os madrugadores e madrugadoras esta semana puxémonos man a obra con diferentes actividades destinadas a este día tan especial.
A pesar de que este ano non o podemos celebrar como nos gustaría, non queremos que os nosos nenos e nenas perdan a ilusión. Así que na medida do posible decoramos todos xuntos o noso comedor. Para iso os pequenos e pequenas elaboraron unhas mans terroríficas, as cales esperemos que nos vos dean moito medo, por outra banda tamén fixeron pequenos fantasmas con la.
Esperamos que vos guste moito como quedou o noso comedor e deica a semana que ven.

Moi bos días!!

Outra semana máis os pequenos e pequenas da Ramallosa traballaron moito. Deixaron atrás esa semana vagoneta e están máis activos que nunca.
Como ben vos adiantabamos a semana pasada, o 16 de outubro celebrouse o Día Mundial da Alimentación. Para celebralo os nosos madrugadores e madrugadoras estiveron aprendendo un pouquiño máis sobre os bos hábitos de alimentación, realizando todos xuntos unha pirámide alimenticia.
Por outra banda, o 19 de outubro foi o Día Mundial Contra o Cancro de Mama, data que criamos importante marcar no noso calendario, por iso os nosos nenos e nenas solidarizáronse con todas esas persoas que día tras día sofren esta enfermidade, mostrando todo o noso apoio realizando uns lazos rosas con cartolina para poñer nas súas camisetas.
E con todo isto so nos queda dicir, deica a semana que ven!
Moi boas madrugadores e madrugadoras!!!
Esta semana os nosos nenos e nenas do cole da Ramallosa están moi vagonetas, o festivo debéuselles facer demasiado curto. Teñen poucas ganas de traballar e cero inspiración para continuar cos seus contiños sobre Ratatouille, polo que nos plantexan unha pequena folga, queren durmir e descansar!
Como con toda boa folga sempre hai que negociar polo que esta semana saímos a fora a xogar e tomar un pouquiño de aire fresco, que nunca nos ven mal.
No patio os máis pequenos e pequenas puideron estirar un pouco as pernas saltando coma canguros ou con carreiras tan rápidas que algún aínda semellaba o mesmo Usain Bolt. Tamén puidemos xogado todos xuntos a Simón di, pero tranquilos papis e mamis que no noso cole a distancia entre eles está asegurada!
E con todo isto as pilas están de novo recargadas por iso mañá van a traballar arreo na nosa seguinte actividade. Esta estará adicada a celebración do Día Mundial da Alimentación pero para a semana ensinarémosvos o resultado!
Deica a semana que ven!

Novo mes e novas dinámicas!

Toca darlle a benvida a un novo mes, Outubro. Este chega cargadiño de novas ideas para facer cos nenos e nenas do cole da Ramallosa.
Comeza o CINEMADRUGA. Durante estes meses iremos traballando diferentes películas. Todas estas están escollidas según días de especial importancia marcados no noso calendario.
No cole da Ramallosa non nos é posible ver todas estas pelis, por mor do espazo e as novas medidas tomadas fronte a Covid-19, pero rapidamente pensamos outras ideas iguais de lúdicas e divertidas. De aí que os nosos pequenos e pequenas están a traballar no seu propio conto sobre Ratatouille, a película que nos toca traballar este mes. Imos pouquiño a pouco pero prometemos ensinarvos o resultado destas grandes obras. Pero de momento deixámosvos un pequeno avance do que están a facer os nosos artistas.
Benvidos nenas e nenos do cole da Ramallosa.
Dende o servizo de madrugadores queremos darvos a benvida a este novo curso.
Este ano, como todos e todas sabedes, toca afrontarnos a un curso totalmente diferente ao que estades acostumados, debido a situación que estamos a vivir. Por iso, o servizo de madrugadores de este ano variou un pouco respecto a cursos anteriores, pero a pesar de isto, intentaremos disfrutalo o máximo posible.
Durante este mes de setembro os máis pequenos forense adaptando as novas medidas adoptadas polo servizo, pero aínda así tivemos tempo para desfrutar. Os nenos e nenas dedicaron este tempo para pintar diferentes debuxos e xogar todos xuntos un bingo de cores.
Por outro lado, querémosvos contar que ao longo destes meses as actividades que levaremos a cabo cos cativos serán todas individuais, para evitar así o contacto físico entre eles, pero está claro que non por iso serán menos atractivas. Intentaremos que todos os nenos e nenas o pasen ben con nos.
Por último, dende os madrugadores da Ramallosa queremos dar as gracias a todos os pais e nais pola confianza depositada no servizo e como non felicitar aos máis pequenos polo ben que o están a facer.
