Teo Madruga Os Tilos

Xa estamos aquí de volta!!.

Como vos adiantaramos estes días, estivemos a facer un pequeno futbolín, aínda non o estreamos pero os nosos pequenos e pequenas están abraiados de como dunha caixa de zapatos, chegaron a facer esta creación, QUE AINDA POR ENRIBA, FUNCIONA!!!!.

Son moitas as ocasións nas que tentamos mercar o xogo mais complexo do mercado, sen ser conscientes da importancia que ten que os nosos nenos e nenas aprendan a inxeniarse material de xogo reciclado. E ademais , como se puxeron deseñando as súas caixas e os seus xogadores!!!.

Esta vez foi un futbolín, pero algo mais argallaremos mais adiante seguro!!

Vémonos de novo, de hoxe nuns días…

Xoguetes caseiros.

Queridos amigos e amigas como xa vos adiantaramos na nova anterior, os nosos nenos e nenas andan a realizar uns futbolins caseiros. Nos están a levar algo de tempo xa que os nosos artistas miden a perfección cada detalle, e verdadeiramente están a quedar moi moi chulos.

As derradeiras competicións volven ao terreo de xogo, falámosvos deses intensos partidos onde Oliver e Benji nos estremecían e nos tiñan a todos tan tan enganchados e coas emocións a flor de pel. Así que a prepararse e entrenar  duramente porque a calidade dos nosos nenos e nenas e histórica.

Mentres tanto deixámosvos unhas fotiños do proceso de elaboración por se algún ou algunha de vos se anima con eles.

Un saudiño

Ata a vindeira Samaín.

Moi boas a todos e todas, que tal a vosa noite de Samáin?. Os nosas nenos e nenas contaron con moito entusiasmo como pasaron esta noite en compañía dos seus familiares e amigos e sabedes que? Máis de un e de unha, atopouse a Santa compaña, sisi como volo contamos, este ano deixouse ver polo noso concello e daban derradeiro medo, tende por seguro que a moitos e moitas se lles puxo a pel de galiña.

Toca despedir os nosos amigos os esqueletos, bruxas, cabazas, morcegos e arañas que nos acompañaron durante este tempo e cos que os nosos nenos e nenas forxaron unha forte amistade, pero de seguro que para o vindeiro ano nos volveran a acompañar.

Agora toca pensar no Nadal que nun abrir e pechar de ollos o temos aí o ladiño, pero ata entón, os nosos cativos van a realizar un taller de xogos caseiros elaborando nada máis e nada menos que…. UN SUPER FUTBOLIN!! Pero veremos o que sae de este experimento…

Deixámosvos cun recordo do nosos pequerrechos cos seus tétricos disfraces e coa nosa primeira sesión de cine.

Unha aperta.

Abracadabra pata de cabra.

Sapos, bruxas e curuxas, en madruga Os Tilos estamos de celebración pois pouco moi pouco queda xa para o Samaín.

Como xa vos adiantamos nas outras novas, as nosas instalacións xa levan un par de semaniñas decoradas para que os cativos poideran desfrutar un pouco máís desta curta, pero arrepiante noite de Samaín.

Durante estes días, fomos testigos do increíble talento dos nosos cativos e cativas que se viu reflexado nas súas creacións a hora de deseñar as súas cabazas, OLLO MÁIS DE UNHA NOS TROUXO PESADELOS PORQUE DABAN VERDADEIRO MEDO.

Vos acordades que tiñamos un segredo gardado? Pois chegou o momento de revelalo….. Os nosos cativos fixeron uns súper esqueletos con bastoncillos que case parece que cobran vida nada máis mirar para eles!!!. Tamén fixeron un pequechiño taller de papiroflexia de teas de araña onde unha vez máis nos gañaron os cativos, asíque o marcador agora se atopa en monitoras 0 – 2 pequerrechos, NON HAI MANEIRA DE GAÑARLLES!!!!.

Para poñer o broche final de ouro, improvisamos un pequeno cine para ver “La casa del reloj en la pared” haber quen será o primeiro ou primeira en pegar un chimpo.

Desfrutade moito do Samaín e coidado coas bruxas.

Conta atrás para o Samaín.

Moi boas a todos e a todas!! Pensades que vos tiñamos abandonados? Pois non, aquí estamos unha semaniña máis para contarvos o que andiveron a argallar estes días os nosos cativos e cativas.

Para comezar, preparamos a nosas instalacións como cada curso para dar a benvida ao Samaín.

Este ano eliximos como temática persoaxes de películas como: “ Pesadelo antes do Nadal”, “Noiva cadáver”, “Coco”, “O retorno das bruxas de Salem” etc, pero non nos esquecemos das terroríficas arañas, morcegos, cabazas e esqueletos que están a causar furor os nosos pequerrechos e pequerrechas.

Como somos moi traballadores e nos encanta o Samaín, temos algo máis argallado pero permanecerá en segredo ata a vindeira noticia. Ata entón queremos compartir con todos e todas vos as nosas partidas ao famoso xogo do “Uno” e o “Virus”, onde as monitoras non facemos máis que perder fronte os nosos e nosas profesionais.

Un saudiño.

Benvidos un curso máis aos nosos queridos madrugadores e madrugadoras.

Un curso máis acaba de comezar e con el o noso servizo ponse mans a obra para dar unha vez máis o mellor de nós e garantir aos nosos pequerrechos e pequerrechas un montón de diversión.

Como tódolos comezos de curso, as primeiras semanas adicámolas ao coñecemento dos novos compañeiros e compañeiras ao mesmo tempo que nos adaptamos de novo a rutina despois de tanto tempo sen horario fixos.

 Ademais, fixemos un repaso as normas e comportamentos que temos que seguir para unha boa convivencia e desfrute deste curto tempo antes de entrar a aula.

Os máis maiores estiveron “axudando” os máis peques a coñecer os novos espazos e as posibilidades de xogo que estes nos ofrecen. Aproveitando o bo tempo que nos queda, estas semanas adicámolas a xogos de coñecemento de grupo.

Andamos a argallar un montón de cousas de cara o Samaín, pero ata entón deixámosvos esta imaxe dos nosos cativos no famoso xogo do twister.

Pronto teredes máis novas sobre nós….

Moitas gracias a todas as familias por confiar en nós e no noso traballo un curso máis.

Un saudiño!!