Madrugadorxs Pedrouzos

POR AQUÍ ANDAMOS DE NOVO!

Logo de rematar as ben merecidas vacacións de Nadal toca volver á rutina, dende o Madrugadorxs de Pedrouzos retomamos o levantarse cedo, tomar o almorzo no cole, combinando cos pasatempos, o pinta e colorea e a realización de debuxos.

Estos primeiros días, adicámonos a falar de todo que fixeramos durantes as vacacións, e o máis importante foi, contarnos con moita ilusión todos os agasallos que nos deixaran as súas maxestades os reis.

E así,pouquiño a pouquiño fomos adaptándonos a rutina do cole e os madrugóns.

Ata a vindeira semana.

EN 3,2,1……VACACIÓNS DE NADAL!!!

Esta semana as nenas e nenos de Madrugadorxs Pedrouzos están moi contentas e contentos, porque chegan as vacacións e ademáis comeza a época do ano que máis ilusión lles fai, O NADAL; asique adicamos este mes de decembro sobre a temática navideña, proxectamos o filme “Polar Express”, coloreamos debuxos sobre o nadal e como obradoiro elaboramos un adorno en forma de árbore con cartón ondulado de diversas cores.

Desexámosvos unhas moi boas festas e un próspero ano 2021.

Moi boas vacacións; desfrutade moito e vémonos a volta.

A ÁRBORE DA IGUALDADE, DO RESPETO E DA NON VIOLENCIA

Madrugadorxs Pedrouzos sumouse a conmemoración do 25 de novembro o “día internacional contra a violencia de xénero”e únesea loita contra a erradicación da violencia, dos abusos e das agresións.

Por iso quixemos aportar o noso graniño de area neste día, co obxetivo de que a cativada desde pequenas e pequenos sexan conscientes desta problemática e conseguir entre todas e todos a súa eliminación e fomentar a igualdade, o respeto e decir non diante de calquera tipo de violencia.

A actividade consistiu en pintar unha árbore de cor violeta e as nenas e nenos nun anaco de cartolina de distintas cores escribiron unha mensaxe sobre o que pensan sobre ese día e os  desexos que teñan. Para logo pegalos na árbore simbolizando as follas.

Quedounos unha árbore ben bonita chea de bos mensaxes e cos que esperemos que as nenas e nenos do servizo se conciencien e rexeiten a violencia de xénero e loiten a favor dunha sociedade igualitaria.

Un saúdo

Ata a vindeira semana

ACHEGÁNDONOS O MUNDO DOS INVENTOS

Moi boas familias! Unha semana máis, e xa a piques de rematar o mes de novembro, desde Madrugadorxs Pedrouzos seguimos facendo cousiñas, como xa é habitual e un clásico do servizo  o pinta colorea, os pasatempos e o tutti frutti son as actividades coas que máis disfrutan as nenas e os nenos. Pero a maiores diso,visualizamos a película “Las aventuras de Jimmy Neutrón”;un neno inventor o cal lle pasan centos de aventuras coas súas invencións e os seus experimentos. Relacionamos a película coa celebración do día internacional do inventor. Xa que como xa dixemos, este ano aprendemos a través da visualización de distintos filmes.

Tamén aproveitamos para ir argallando cousas para a conmemoración do 25 de novembro, estade atentxs que en próximas novas vos informaremos.

Un saúdo.

Ata a vindeira semana.

En Pedrouzos estamos de estreo!

En madrugadores Pedrouzos esta última semana tocou reorganizar o noso espazo, xa que por cortesía e amabilidade da ANPA recibimos todos e todas moi gustosamente novo mobiliario, novas mesas e novas e coloridas sillas das que puideron empezar a desfrutar alegremente os cursos d@s maiores. Grazas a isto, melloramos aínda máis o uso do espazo do que dispoñemos, e deste modo tamén as medidas de hixiene e distanciamento social.

Así que dende Madrugadores Pedrouzos enviamos un gran “GRAZAS” de parte de tod@s!

CREANDO PERSONAXES

No Madrugadorxs Pedrouzos rematamos o mes de outubro por todo o alto. Por unha banda, traballamos un pouquiño facendo un crebacabezas coas montruosas personaxes da película que viramos a semana anterior “Hotel Transilvania”. E por outra, aproveitando a festividade de Samaín adicámonos a pintar e debuxar cousas sobre esa temática: pantasmas, cabazas, bruxas, morcegos….

Así,entre debuxar,colorear, pegar e recortar pasaron a semana as vosas e os vosos madrugadorxs.

Un saúdo familias

Ata a vindeira semana!

DÍAS DE CINE!

Moi boas familias! Unha semana máis en Madrugadorxs Pedrouzos seguimos con novidades. Esta vez, tocou poñer en marcha a programación lúdico educativa que se levará a cabo ao longo de todo o curso; esta é CineMadruga. Coa cal se pretenderá introducir as nenas e os nenos na aprendizaxe do cine en valores, a través da visualización de distintas longametraxes.

Para a inauguración proxectamos a película “Hotel Transilvania”, que se relaciona cunha data importante no noso calendario; a celebración do Samaín. Sen dúbida, foi unha actividade que sorprendeu de maneira moi positiva a cativada, mostra diso é que mentres a estaban a ver non se escoitaba nin un chío.

Deica a vindeira semana!

E TI, COMO TE ALIMENTAS?

Moi boas familias! En Madrugadorxs Pedrouzos seguimos ao pé do canon e non paramos, aparte de realizar ás actividades habituais de pinta colorea, pasatempos e lectura, esta semana con motivo da celebración do Día Mundial da Alimentación Saudable decidimos sacar un anaco de tempo e adicarllo o tema co obxectivo de sensibilizar e concienciar aos nenos e nenas sobre a importancia da alimentación, a parte incidimos tamén nos problemas que xiran en torno a este tema. Como actividade coloreamos o prato do bo comer.

Ata a vindeira semana

Un saúdo.

PERSONALIZANDO FRENTE Á COVID-19!!!

Boas de novo, usuarios e usuarias de Madrugadorxs Pedrouzos! Durante estas primeiras semanas de cole estivemos a traballar sobre as novas normas derivadas da situación actual que vivimos por motivo da Covid-19, insistindo sobre todo nas medidas de hixiene e distanciamento social que hai que manter.

Así, tanto peques como maiores adicáronse a personalizar cada un e cada unha o seu espazo, colocando graciosas, orixinais e artísticas etiquetas ás súas sillas cos seus nomes, ben concienciados e concienciadas de que ó longo deste curso se debe conservar un lugar fixo durante as actividades. Desta forma tan segura, puideron desfrutar da lectura, do debuxo libre, do pinta colorea e dos distintos pasatempos para todas as idades.

NOVA SITUACIÓN! NOVOS MADRUGÓNS! VOLTAMOS  O COLE!

Benvidas e benvidos un ano máis o servizo de Madrugadores Pedrouzos:

Damos comezo aos madrugóns e a un novo e distinto servizo de madrugadores, este ano é diferente por mor das circunstancias que están acontecendo, pero isto non vai poñer impedimento en que este servizo de conciliación siga en funcionamento, nos sigamos entretendo e facendo que o tempo antes da entrada ao cole sexa divertido. Para conseguir todo o anterior levarase a cabo, e en todo momento, os protocolos distados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Aos cales hai que sinalar que as vosas nenas e os vosos nenos tan ben se adaptaron.

O emprego da mascarilla, a individualización das actividades, gardar distancia social de 1,5-2 metros non pon impedimento en que se sigan elaborando tarefas lúdico educativas. Estade moi atentas e atentos porque a través deste medio vos iremos ensinando todas as cousiñas que vaiamos facendo.

Un saúdo familias

Ata a vindeira semana