Igualdade

A Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, así como a erradicación de calquera forma de discriminación e/ou violencia, neste caso concreto da Violencia de Xénero; debe pasar a ser unha das prioridades das institucións público/privadas e de calquera tipo de organismo público.

Moitos son os feitos que poñen de manifesto unha maior sensibilidade ante esta problemática; pero sen dúbida é preciso seguir esforzándose en consolidar políticas con medidas destinadas á promoción da igualdade; mediante actuacións específicas que integren a dimensión e a perspectiva de xénero.

A empresa Servicios Integrales de Formación S.L., leva varios anos traballando nesta dirección; impulsando e ofrecendo a distintas entidades e organismos, todas aquelas actuacións, servizos e recursos precisos para iniciar e consolidar o proceso de implementación da transversalidade de xénero, en distintos lugares da xeografía galega.

A experiencia adquirida durante estes anos así como o coñecemento de ferramentas que favorecen a integración da dimensión de xénero nas decisións  e actividades, son piares básicos para dar respostas eficaces e contextualizadas, adaptándose aos distintos contextos e realidades inmediatas.  

A continuación, achégase unha relación de aquelas áreas nas que a empresa Servicios Integrales de Formación S.L. está a traballar coa filosofía de avanzar cara unha sociedade máis equitativa, xusta e democrática.

Proposta de actividades e servizos

Prevención, concienciación e sensibilización

Previr, que non é mais que a disposición que se fai de forma anticipada para minimizar un risco. Somos  conscientes que unha boa prevención axuda na erradicación de moitos patróns culturais e valores asentados que promoven a desigualdade, polo que esta é unha área na que se debe incidir ao longo da vida; traballando de forma conxunta, ou separada, cos distintos grupos poboacionais.

A comprensión e interiorización de diversas habilidades e estratexias asentan  as bases de igualdade e o empoderamento, indispensables para propulsar un cambio e transformación da realidade social.

Accións destacadas:

  • Elaboración de Protocolos Municipais contra a Violencia de Xénero.
  • Campañas escolares:
  • Roles e estereotipos de Xénero.
  • Concepto de tipos de Violencia de xénero.
  • Contacontos en Igualdade.
  • Sesións informativas e formativas, con diversos grupos poboacionais.
  • Concepto e tipos de Violencia de Xénero.
  • A importancia da coeducación.
  • O papel da muller na historia.
  • Campañas de sensibilización fronte á violencia sexual en espazos públicos.
  • Punto lila.
  • Actuacións reivindicativas en igualdade.
  • Deseño e difusión de material informativo (dípticos, marcas, etc.) e merchandaxe.

Plans de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes.

Os Plans de Igualdade poden concibirse como un instrumento de traballo sendo, a curto prazo o marco de referencia para actuar sobre a realidade inmediata en materia de equidade.

 Así, a súa finalidade baséase na introdución de todas aquelas medidas correctoras propostas, que permitan compensar as desigualdades de xénero e reducir todo tipo de discriminacións, tanto as que se producen directamente, como se manifestan de forma sutil, case imperceptible; pero que seguen a perpetuar manifestacións  e estereotipos sexistas.

Accións destacadas:

  • Elaboración e implementación de Plans de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes.
    • Deseño e realización do diagnóstico.
    • Concreción de necesidades.
    • Definición das áreas estratéxicas.
    • Deseño do sistema de avaliación.
    • Concreción das liñas de difusión.
  • Avaliación de Plans de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes.
    • Metodoloxía e estrutura avaliativa.
    • Seguimento e execución por área.
    • Conclusións e futuras liñas de actuación.

Campañas e actos conmemorativos

A conmemoración de diversas datas, son momentos clave que deben ser vistos como unha oportunidade de visualizar e afondar en diversas problemáticas que se manifestan nas nosas comunidades, ao mesmo tempo que nos brindan a posibilidade de reivindicar e caer na conta da necesidade de camiñar cara unha sociedade máis xusta e igualitaria.

A programación de actividades en torno a estes días, serán a ferramenta precisa para espertar a conciencia social da poboación en xeral.

Accións destacadas:

  • Conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro.
    • Sesións  informativas e formativas.
    • Campañas escolares.
    • Actos reivindicativos.
  • Conmemoración do Día Internacional da Muller, 8 de marzo.
    • Homenaxes.
    • Sesións  informativas e formativas.
    • Obradoiros.
    • Oferta cultural específica.
    • Campañas escolares.

Ocio Inclusivo

O ocio constitúe un dereito fundamental para calquera persoa. Os momentos de ocio e tempo libre son de especial importancia como factores relacionados co coidado da saúde e por tanto, coa prevención de riscos. Constituíndo ao mesmo tempo, unha forma de interacción e socialización.

As actividades deste bloque céntranse  en proporcionar espazos de encontro que perseguen o impulso das relación interxeneracionais e inclusivas. Afianzando  os vínculos afectivos, sendo unha base sólida para erradicación de calquera forma de discriminación, entre elas a Violencia de Xénero.

Accións destacadas:

  • Contacontos en Igualdade.
  • Representacións teatrais.
  • Xornadas de respiro para mulleres.
  • Monólogos.
  • Saídas e excursións.

Formación para profesionais : intervención en violencia de xénero

INTERVENCIÓN PSICOSOCIAL PARA MULLERES VICTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO