Final do Taller de Alfabetización e Memoria de Dodro

O venres pasado, 17 de xuño,  chegaron ó seu fin os Talleres de Alfabetización e Memoria de Dodro que se estiveron levando a cabo dende o mes de outubro. Esta festa de clausura estivo chea de risas, sorpresas e moitas emocións e cada participante non marchou sen levar o seu diploma, pero toda festa que se premie non pode rematar sen probar uns pinchiños e sen contar uns contiños. Agora toca espera ata outubro para volver a clase.

IMG_20160617_175718 IMG_20160617_180055 IMG_20160617_182505 IMG_20160617_182612 IMG_20160617_182619