Día Mundial Sen Tabaco

Por medio dun conxunto programado e coherentes de actividades,  cun claro enfoque psico-educativo, pretendeuse que o alumnado interiorizase unha serie de coñecementos, habilidades e estratexias que lles permita adquirir ferramentas para afrontar diversas situacións de risco en relación ao contacto coas sustancias aditivas.

A xincana de hábitos de vida saudable para o alumnado de 2º da ESO dos Municipios de Barro, Cuntis, Moaña e Portas, centrou a súa área de actuación na prevención do consumo de tabaco, xa que esta é unha das sustancia aditivas coas que os/as menores teñen un contacto moi temperá, situándose a idade de inicio entre os 13,6 anos, e producíndose o incremento de consumo entre os 14-15 anos.