Datas Conmemorativas

Ao longo do ano conmemóranse todo tipo de eventos e celebracións.

Hai datas que poden ser moi importantes para todos nós, segundo o noso interese e que ás veces por descoñecemento deixamos pasar.

Na lista inclúense datas oficiais, tradicionais e algunhas festividades cristiás.

Cada vez hai máis días internacionais, mundiais, nacionais e ata locais  que enchen o noso calendario, e moitos nos preguntamos para que serven os Días Internacionais, mundiais, nacionais e locais? por que hai tantos?

A resposta unhas veces dáa a ONU, o Goberno, os concellos  nas súas resolucións ao proclamar un día, e outras respostas danas  a cultura popular dunha zona, a xente, as asociacións, os colectivos, as agrupacións de xente e cada vez máis as redes sociais.

A finalidade destes días é moi variada, desde lúdicas, ata reivindicativas.

Resumimos estas finalidades:

  • Sensibilizar, concienciar ou chamar a atención sobre problemas ou situacións
  • Para honrar aos protagonistas dalgún acontecemento
  • Lembrar a historia, evitar extincións
  • Para conseguir recursos
  • Para celebrar acontecementos lúdicos
  • Como medida para espertar interese

Resumindo, búscase concienciar, propoñer solucións, sensibilizar,  e aumentar a colaboración entre pobos e persoas, celebrar eventos, realizar actividades