Xornadas da Muller do Concello de Mos

Un ano máis, o Concello e o CIM de Mos celebra as «III Xornadas da Muller: Conciliación Familiar: realidade ou utopía» dentro da programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller.

Se queres participar só tes que inscribirte ou ben, descargando a ficha de inscrición que achegamos deseguido e enviandoa a xornadas.8m.mos@sifservicios.com ou ben de forma en liña cubrindo a ficha que atoparas no seguinte enlace: inscrición en liña

8M en Aula Concilia Mesía

Os nenos en nenas do servizo de Madrugadores do Concello de Mesía, con motivo do 8 de Marzo, fixeron unha asemblea na que coñeceron de primeira man a historia deste gran dia da Muller.

Nel, nenos e nenas puxeron en común as distintas propostas para conmemoralo e como axudarían a que non houbera desigualdades entre homes e mulleres.

Para rematar dita asemblea, os nenos fixeron unha postal co lema de: “Todo o que se fai se non se ve é como se non se fixera” .

Bravo por todas as mulleres do mundo!!!

Xornadas «Muller e traballo»

Durante a tarde e hoxe e mañá levaranse a cabo, no Concello de Mos, unhas xornadas que levan por título “Xornadas MULLER E TRABALLO. Dereitos laborais, conciliación e corresponsabilidade no traballo”.

Ó longo destas dúas sesións intervirán varias profesionais da materia onde falarán de diferentes temas como os dereitos laborais, conciliación e corresponsabilidade, a carga mental, síndrome BURNOUT ou muller e discapacidade entre outros.

Xogos e xoguetes tradicionais e igualitarios

Continuando coas actividades do 8M, estanse a levar a cabo unas xornadas de Xogos e xoguetes tradicionais e igualitarios no CPI Camiño de Santiago no Pino.

Arrancamos hoxe, de 9:30 a 14:10 horas, co alumnado de primaria, recordando que non hai xoguetes de nenos ou nenas, que todas as persoas podemos xogar a calquera xogo.

Maña toca o turno de infantil e primeiro de primaria.

As Lavandeiras en Arbo

Co nome de Pioneiras en Redes Sociais «As lavandeiras», o domingo 12 de Marzo no multiusos de Arbo, dito concello quixo homenaxear  a esas mulleres que forma parte da nosa historia e que marcaron unha época.

Quixeron por en valor esas mulleres que tiñan que traballar na casa, fora e coidar os nenos,e que ir o lavadoiros supuña para moitas un escape, un poder falar con outra xente, un poder enterarse do que pasaba no pobo, o que hoxe en día veñen sendo as redes sociais.

Pontecesures pola Igualdade

O Concello de Pontecesures conmemorou o 8M, Día da Muller, cun amplo programa de actividades baixo a lenda “Pontecesures pola igualdade”. A primeira desas actividades foi o domingo 5 de marzo: un photocall na Plazuela en horario de 11:00 a 14:00 horas. Dito photocall, o martes 7 desprazouse ó colexio de Pontecesures e o propio 8 de marzo estivo na praza de Abastos onde tamén, ás 12 horas tivo lugar a lectura do manifesto.

Estes tres días houbo sempre unha mesa informativa onde se repartiu material conmemorativo entre a veciñanza para concienciar á sociedade en iguadade.

Por outra banda, o 8 de marzo, ás 10:00 horas, tivo lugar unha nova reunión da Mesa Local de Igualdade, na que estiveron representados o Concello, as asociacións e clubs deportivos, os grupos políticos municipais e a Anpa, baixo a presidencia do alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage.