No Taller de Escolaridade no Concello de Dodro non
paramos!! Que se tarefas de clase por aquí, que se exames por alá,…!! Pero de
cando en vez tamén sacamos un pouco de tempo para decorar a Casa da Cultura con
motivo do Samaín, superar antigos retos e por suposto para xogar e aprender
cousas diferentes!
Nestes días alumnas de cuarto de primaria retomaron algún
que outro antigo reto que se resistía ( un quebracabezas de “ Ratatouille”);
reto que conseguiron superalo con éxito e por iso sentímonos moi orgullosos e
orgullosas!! Outros alumnos animáronse a probar con outro quebracabezas, neste
caso de “Os Simpson” e traballando en equipo tamén conseguiron acabalo. Un
aplauso para todos elas e eles!!
Sorprendente foi tamén a aparición dunha “Bolsa
Misteriosa” que escondía obxectos cotiáns que o alumnado tiña que palpar,
adiviñar e logo describir sen nomealos para que o resto das compañeiras e
compañeiros descubrisen de que obxecto tratábase. Non podemos negar que pasamos
un bo intre nunha tarde chuviosa practicando a expresión oral coa “Bolsa
Misteriosa”.
Aínda por riba o noso calendario do mes de novembro
lembrounos unhas cantas datas importantes: os aniversarios de dous dos nosos
alumnos, o Día Universal do Neno e a Nena (20N) e o Día Internacional para a
Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N).
Con motivo do 25N fixemos as nosas tartarugas que
representan aos personaxes do conto «Artur e Clementina» de Adela
Turin e ilustrado por Nella Bosnia. Trátase dunha historia fabulada que
reivindica o rol feminino na sociedade, combate os
estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan
obras sobre coeducación e igualdade. E por suposto tivemos unha charla debate
ao respecto despois de procer á súa lectura.
Non sabemos que cousas novas traeranos o inverno pero
irémosvolas contando!!