Madrugadorxs O Pino recibe ao mes de abril

Xa temos aquí o mes de abril, un mes alegre e cheo de posibilidades.

Imos facer un pequeno repaso ao que nos gustaría levar a cabo en  Madrugadorxs O Pino este mes, acompañádesnos? Pois imos alá!

Aproveitando que o día 22 celébrase o Día Internacional da Nai Terra, imos tentar tomar conciencia do moito que pode danar o ser humano á nosa querida Nai Terra pero tamén, ao mesmo tempo, de todo o que podemos facer para evitalo e achegar o noso granito de area para coidala e protexela.

Para iso imos facer especial fincapé na reciclaxe e en darnos conta de todas as cousas fermosas que podemos apreciar na natureza durante a primavera.

Tamén temos o  importantísimo Día Mundial do Libro, que se celebra o 23 de abril, e co que pretendemos fomentar ese hábito tan marabilloso que é a lectura. A través de contos, historias e comentarios de libros coñecidos por todos e todas, faremos todo o posible para demostrar o fantástico que pode ser ler un libro e mergullarche no mundo da imaxinación.

Con todo, non imos esquecernos de gozar cada cálido momento que nos brinde este mes de Abril coas nosas habituais actividades favoritas, como son os quebracabezas, os debuxos, a música e os pasatempos.

Convidámosvos a estar atentos ás noticias semanais para máis información.

ESTAMOS DE VOLTA!

No Madrugadorxs Pedrouzos logo das tan ben merecidas vacacións de Semana Santa toca voltar a rutina, comezar novo mes e o derradeiro trimestre do curso.

Como xa é habitual, adiantámosvos as actividades que realizaremos o longo deste mes de Abril, que como sempre ben cargadiño de cousas a facer. En primeiro lugar, as datas sinaladas son o 23 de Abril que se celebra o Día Do Libro e rematamos mes coa conmemoración do 29 o Día Internacional da Danza. Qué como festaxeremos estas datas? Pois, para celebrar o Día do Libro contaremos con actividades de contacontos, elaboraremos marcapáxinas e dunha maneira moi orixinal diremos cal é o noso libro favorito. Finalizaremos o mes coa visualización dun filme relacionado coa celebración do Día Internacional da Danza.

Leer más

E TI, QUE FAS EN MARZO?

EN MADRUGADORXS PEDROUZOS TÉMOLO MOI CLARO

Aihhh!!!amigas e amigos de Madrugadorxs Pedrouzos comezamos novo mes e por non variar chega cargadiño, cargadiño de novidades e de cousas a facer. Que aínda que estemos en plena pandemia e haxa que superar obstáculos e barreiras non queremos que iso nos frene en seguir realizando actividades porque con sentidiño, responsabilidade e cumplindo as normas case todo se pode facer.

Peroooo antes de nada, queremos convidarvos a todos e a todos que lle botedes un ollo ao video no que traballou a cativada do servizo para festexar o “21 de Febreiro Día Internacional da Lingua Materna” vale a pena gozar e ver o gran traballo que fixeron. ANIMÁDEVOS!

Agora siiii,metémonos de cheo no mes de Marzo.

Leer más

Así esperamos Marzo en Madrugadorxs O Pino

E aquí chega outro mes mais, no que empeza a primavera e tráenos a alegría, as flores e moitas outras cousas dignas de mencionar e celebrar. Este tamén é un mes de cor e alegría, e ao redor diso van ir orientadas as nosas actividades.

Entre outros moitos días podemos destacar algúns como estes:

  • 1 de Marzo – O primeiro día que nos atopamos é o Día da Cero Discriminación, para o cal dedicaremos a semana para entender que significa discriminación e por que debemos evitala, empregando para iso actividades adaptadas e colaborativas (sempre no posible cumprindo co protocolo Covid-19)
  • 8 de Marzo – Día Internacional da Muller. Un día moi, moi importante ao que pretendemos dedicarlle unha atención especial. Aínda en tempo de pandemia e sen reunións, pódesenos escoitar se alzamos o suficiente a voz.
  • 20 de Marzo – Día Internacional da Felicidade e inicio da Primavera. Soa ben, verdade? Pois aquí gustounos tanto que o celebramos cada día que pasa! Con todo, algo máis ocorrerállenos para ser un pouquiño máis felices, sobre todo tendo a primavera encima!

Por suposto, e como sempre,  Madrugadorxs O Pino pretende seguir sendo un recuncho onde compartir, ser creativos e pasar un intre divertido e agradable con toda a seguridade.

QUÉ ACONTECE EN MADRUGADORXS PEDROUZOS?

Como todos os meses no servizo de madrugadorxs non paramos de andar argallando cousas, e este mes de febreiro non podía ser menos coa cantidade de datas e acontecementos importantes que se celebran.

A primeira data importante sinalada no calendario é o “Día internacional da muller e da nena na ciencia” que se conmemora cada ano o día 11 febreiro, creemos de vital importancia promover este día entre o alumnado e avanzar cara o acceso e a participación de maneira igualitaria no mundo da ciencia ás mulleres.Por iso primeiro visualizaremos un corto sobre a temática, para logo elaborar unha presentación das científicas máis importantes o longo da historia. E finalizaremos cuns talleres sobre ciencia, Sii, siii… convertirémonos en científicas e científicos por un día.

Leer más

Entroido e amor en O Pino este Febreiro

Este ano Febreiro debe ser un mes cheo de maxia e de ilusión. É o mes do amor, o mes dos disfraces e da alegría, e por iso, a pesar de non poder celebralo como afacemos, en O Pino queremos que sexa un mes activo, divertido e inesquecible.

Por suposto, imos dedicar ao Entroido, non nos imos a esquecer del e da alegría que nos trae sempre, sobre todo agora cando máis a necesitamos.  É por iso que as nosas actividades van ir orientadas nese sentido, preparándonos antes, e revivíndoo despois a través dos relatos que cada un e cada unha poida achegar.

Leer más

Febreiro no Teo Madruga

Ao longo deste curso no Teo Madruga estamos a desenvolver un proxecto lúdico-educativo co nome de “CineMadruga”, e que pon en relación os días conmemorativos internacionais e as celebracións estacionais co mundo do cine en valores.

Como fixemos nos meses anteriores este mes de febreiro centrarémonos en dous días internacionais e nunha celebración estacional:

  • Día internacional da muller e da nena na ciencia (11 febreiro)

O noso obxectivo é promover o acceso, o empoderamento e a participación plena e equitativa das mulleres e das nenas na ciencia.

Coa visualización da película temática, e dinámicas como xogos, talleres de ciencia, e pequenos obradoiros…, achegaremos ás crianzas á experiencia de mulleres vinculadas á ciencia, dando a coñecer o seu traballo e, quizás, espertar nos/as madrugadores/as a vocación científica. 

Leer más

Teatro, reciclaxe e debuxo

Esta semana en Calo estamos a preparar pequenas obras de teatro para facer con marionetas.

Pouco a pouco, en grupos ou individualmente, están a crear historias que desenvolverán na súa totalidade (personaxes, diálogos, creación de marionetas, decorados…).

image1

Na recta final do curso estes rapaces de Pedrouzos aínda teñen ganas de traballar. Así e que esta semana con simplemente uns tapóns de plástico fixeron bichiños e debuxos que lle quedaron xenial.

20160606_09110820160606_092632 20160608_084522 20160608_084530

Despedimos maio nos coles

En esta semana deixaron voar a sua imaxinacion en Pedrouzos, resultando uns debuxos ben particulares.

Ao longo desta semana representamos as pequenas obras de Teatro de Sombras que crearon os nenos e nenas de Calo. Foron catro historias, algunhas máis longas, outras menos, pero que traballaron eles ao cen por cen. Noraboa a todo e todas.

thumb_IMG_8774_1024