COMEZAMOS O CURSO 2023/24

O pasado mes de outubro, comezou de novo o taller de estimulación cognitiva en Cuntis. O primeiro que fixemos foi poñernos ao día despois de meses sen vernos, aproveitando tamén para traballar a memoria máis recente.

Os nosos talleres realízanse da seguinte forma: cada sesión dura hora e media, e nela intentamos facer actividades variadas para entreternos e disfrutar á vez que traballamos e reforzamos a memoria. Todo é posible!

Durante este último mes fixemos varias actividades; xogamos ás cartas, traballamos a lectoescritura, resolvemos xeroglíficos, adiviñanzas e pasapalabras, fixemos quebracabezas, xogamos ao bingo… Tamén un día do pasado mes un grupo de mulleres voluntarias acudimos ao Cuntilín, para falarlles aos nenos e nenas do que significa vivir nunha aldea, para conmemorar o día da Muller rural galega.

Ata aquí vos podo contar, pois o curso acaba de comezar e aínda nos quedan un montón de cousas que facer durante os seguintes meses. Ata a próxima!

EXCURSIÓN Ó ACUARIO DO GROVE

O martes 31 de outubro, as persoas residentes da Porta do Camiño de Santiago, saímos rumbo O Grove, para visitar o acuario.

Alí puidemos observar distintas especies mariñas; quenlla, tartarugas, morenas, polbos,..

Tivemos a oportunidade de tocar as estrelas de mar e os pepinos, o cal foi todo un descubrimento.

Despois dunha mañá chea de emocións, disfrutamos dun xantar ben apetitoso no Restaurante Scala de Padrón.

A onde iremos a próxima vez??!!

Aula Concilia Mesía

A Aula Concilia  comeza a súa andaina no Concello de Mesía para dar servizo ó alumnado do CPI de Xanceda e darlles a opción de que poidan conciliar coas súas familias.

O servizo comeza as 8.30h e a rapazada pode  disfrutar xogando cos xogos dos que dispón os servizo (Twist,  Cabalo tolo , Dominó, Parchís…) pero tamén de manualidades que van realizando durante o curso como  Photocalls, obras de arte do Samaín, murais rememorando algún momento importante do ano etc.

Neste programa hai espazo para todo tipo de ideas, polo que as monitoras se adaptan a poder xogar e aprender cos nenos.

Un programa necesario para o Concello e para as familias que forman parte do mesmo.

Inglés colorido!

Neste mes de outubro arrancaron as clases de inglés lúdico no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro. Así, o alumnado de Educación Infantil comezou traballando cuestións básicas coma o modo de saudar no idioma anglosaxón.

Non obstante, centrándonos nos intereses dos nenos e nenas que acoden a esta actividade, leváronse a cabo, sobre todo, dinámicas en relación ás cores: aprendendo os seus nomes en inglés a través de diferentes xogos, buscando obxectos e debuxos de cada cor e dicindo o nome da mesma para así favorecer a asociación…

Ademais, na última semana tamén se traballou o «Samaín», coloreando debuxos con temáticas de Samaín e incidindo, brevemente, nese vocabulario.

CONTACONTOS EN O PINO!

Este curso 2023/2024 na actividade extraescolar de contacontos desfrutaremos de moitos contos e realizando actividades para deixar fluír a nosa imaxinación e a nosa creatividade.

Durante a primeira semana, leemos mooitos contos tradicionais como A Bela Durminte, O Gato con Botas, O Libro da Selva, A Bela e a Besta, etc… coa finalidade de falar sobre os seus estereotipos e tratar temas de actualidade como a igualdade de xénero e, incluso, creando o noso propio final dun conto tradicional a través de debuxos! 

Ademais, aproveitando que foi Samaín, fixemos unha manualidade de acordo ca temática debuxando morcegos, cabazas, bruxas, pantasmas,… E despois sempre acabamos ás actividades cantando e bailando!

Ata a próxima familias!

BENVIDAS FAMILIAS DE O PINO A MAXIA!

Este curso 2023/2024 na actividade extraescolar de maxia desfrutaremos de moitos trucos e realizando actividades que teñan que ver coa maxia.

Durante a primeira semana, fixemos xogos de presentación para coñecernos mellor como tamén nos puxemos en acción para aprender diferentes trucos de maxia con cartas, de esconder obxectos, entre outros.

Por outra banda, recibimos unha carta do mismísimo Harry Potter, onde nos relataba os problemas que ten na súa escola e que precisa da nosa axuda para poder combater á todos os villanos. Nos deixaba unha misión de ter que crear o noso propio escudo de maxia!

Ademais, aproveitando que foi Samaín, fixemos unha manualidade de acordo ca temática como morcegos, cabazas, bruxas, pantasmas,…) para decorar os nosos debuxos ou as nosas libretas.

Ata a próxima familias!

Un ano máis teñen lugar as actividades de Papiroflexia e Creatividade!

En Papiroflexia, destinada para os nenos e nenas de Primaria, estamos a descubrir todo aquilo que podemos facer cun simple anaco de papel, realizando figuras moi bonitas e incluso divertidas! Unha rá e tamén origami de Samaín: morcegos e caveiras!

Mentres que en Creatividade, destinada aos peques de Infantil, estamos a fomentar a nosa imaxinación e creatividade, desenvolvendo pouco a pouco a nosa motricidade fina. Incluso fixemos origami coma os maiores!!

Queredes saber máis? Estade ben atentos/as! Comezamos!

FESTA SAMAÍN en AS NEVES

Este martes 31 de outubro pola tarde celebrouse a festa de Samaín en As Neves. Ós obradoiros e concurso de cabazas asistiron sobre unhas 40 nenas e nenos e as súas familias e tamén as autoridades políticas, alcalde e tenente de alcalde.

Por motivos meteorolóxicos suspendeuse a andaina pero a alternativa foi unha chocolatada así que nin tan mal!!