Esta semana pasounos voando en Pedrouzos con tanto traballo de collage e tantos xogos: construimos, divertimonos xogando as estatuas musicais, o zapatito ingles, o pilla pilla de altura.
Esta semana en Calo os nenos e nenas descubriron o Pop art, primeiro vimos varios exemplos, e a continuación fixeron a súa pequena obra. Colorearon e «tunearon» as súas propias caras impresas en blanco e negro, os resultados foron do máis orixinal.
O Concello de Dodro celebrou o pasado venres o Día Internacional da Muller.
Unha xornada na que se homenaxeou a cinco mulleres voluntarias do concello que, de xeito desinteresado, colaboran ofrecendo o seu tempo, en diversas actividades municipais.
Ademais, Isabel Risco, amenizou o acto en clave de humor, poñendo en valor o papel relevante da muller, da muller galega, ao longo da historia.
Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale