E con decembro chegaron as vacacións de nadal!!

Decembro foi un mes de moito traballo, esforzo e nervios para o alumnado do Taller de Escolaridade de Dodro. Tivemos que facer fronte ás tarefas escolares e ás diferentes probas de avaliación que  superamos con éxito. Sentíase tamén o nerviosismo no ambiente porque as vacacións de Nadal estaban á volta da esquina!!

Para relaxarnos un pouco preparamos unha  riquísima receita de  Brownie e para iso seguimos os pasos indicados na nosa “RECIPE”  porque en Dodro non só sabemos galego e castelán senón tamén inglés.

Para conmemorar as festas de Nadal non se nos ocorreu mellor forma que crear a nosa propia árbore de Nadal pero non de calquera forma ou con calquera cousa senón reutilizando materiais como caixas de zapatos, papeis de agasallo vellos, papel de aluminio usado, xornais, envases de iogures… É que en Dodro puxémonos as pilas para coidar o medio ambiente cumprindo coas 3R (Reducir, Reutilizar e Reciclar ). Aprendemos ademais a facer bólas e estrelas de papel para decoralo. Cada persoa tivo a oportunidade de decorar a súa propia caixa de zapatos achegándolle o seu estilo e gusto e non vexades canta creatividade ten este alumnado.

Sentimonos moi orgullosas e orgullosos de como nos quedou a nosa orixinal árbore de Nada!e queremos compartir convosco unha foto! Que opinades? Chulo, non?

Diversión no nadal de Dodro

Durante as vacacións de nadal, as nenas e nenos de Dodro, puidemos desfrutar de diferentes actividades na Casa da Cultura, coma manualidades navideñas ou unha visita o orixinal Belén de Valga. Ademais, tamén fomos de excursión a patinar sobre xeo. Que ben o pasamos!

Unha semana chea de diversión!

Bo día a todos e todas, o campamento no Concello de Porriño chegou o seu fin. Foi unha semana chea de enerxía, onde os mais cativos da casa desfrutaron do tempo xogando cos seus amigos e amigas. Ademais, fixeron diversas manualidades do Nadal e se sumerxiron nas incribles aventuras de Papá Noel.

Ata a próxima!!

O NADAL REGRESA Á MEMORIA

Ó longo do mes de decembro, os participantes dos obradoiros de memoria de Cuntis, realizamos diferentes actividades lúdicas e formativas, entre as cales se atopan os xogos de mesa ou a creación de diversas e orixinais historias mediante a escritura creativa. 

Ademais, e posto que non podemos esquecer as datas nas que nos atopamos, ó longo da última semana, celebramos a festa de despedida do ano 2019, na cal puidemos disfrutar de bebidas e doces típicos do Nadal.