8M en Aula Concilia Mesía

Os nenos en nenas do servizo de Madrugadores do Concello de Mesía, con motivo do 8 de Marzo, fixeron unha asemblea na que coñeceron de primeira man a historia deste gran dia da Muller.

Nel, nenos e nenas puxeron en común as distintas propostas para conmemoralo e como axudarían a que non houbera desigualdades entre homes e mulleres.

Para rematar dita asemblea, os nenos fixeron unha postal co lema de: “Todo o que se fai se non se ve é como se non se fixera” .

Bravo por todas as mulleres do mundo!!!

COMEZARON OS OBRADOIROS DE MEMORIA NO CONCELLO DE VALGA

O martes 20 de febreiro deron comezo, tanto no CODI coma no Auditorio Municipal de Valga, os obradoiros de estimulación cognitiva organizados polo concello coa intención de contribuír ao envellecemento activo das persoas maiores e ofrecerlles alternativas de socialización.

Un total de trinta e dúas persoas gozarán destes obradoiros, dirixidos, na súa meirande parte, a maiores de sesenta e cinco anos; aínda que tamén asisten participantes de menor idade.

Estes obradoiros, impartidos todos os martes en horario de mañá, estenderanse ata o mes de xuño. Neles, tratarase de frear o deterioro cognoscitivo a través de exercicios e xogos que contribúan a estimular e adestrar a parte cognitiva e, deste xeito, colaborar para obter un maior benestar e calidade de vida dos participantes.

No mes de febreiro leváronse a cabo dúas sesións e, na primeira destas, recibiron a visita do alcalde e os seus concelleiros, os cales animaron aos asistentes a seguir participando tanto nesta actividade como naquel outras que leve a cabo o concello, especialmente as destinadas a este sector da poboación. Amais, traballouse arredor de actividades como son as dinámicas de presentación, as palabras encadeadas e ordenar letras para crear palabras.

Na segunda sesión crearon unha historia inventada conxuntamente, a cal debían recordar para responder posteriormente ás cuestións formuladas sobre a mesma. Do mesmo xeito, memorizaron palabras que logo tiñan que escribir, adiviñaron cancións e deletrearon palabras á inversa.

Finalmente, cómpre destacar que, en ditos obradoiros, traballarase o desenvolvemento cognitivo dunha forma lúdica e sempre tendo en conta os intereses e necesidades dos participantes, adaptándose ao ritmo de cada un e promovendo a colaboración entre todos e todas.

UN EMPURRÓN MAIS!

No último mes, no Programa de Reforzo Educativo de Muros continuamos traballando arreo para facer fronte á última etapa desta Segunda Avaliación, posto que xa temos preto o calendario de exames finais.

Aínda así, nos últimos días tivemos tempo tamén de desconectar e relaxarnos pasando un bo rato durante as vacacións de Entroido. Pois aínda que nestas datas continuamos reforzando o que se precisaba, fixémolo dunha maneira máis dinámica e relaxada.

Así, estamos preparados xa para afrontar este novo empurrón, xa que de forma individualizada, fomos traballando e pulindo pouco a pouco todos aqueles aspectos educativos e formativos que nos dificultaban o proceso de aprendizaxe e acadamos mellorar. Probamos novas formas e ferramentas de estudo que nos axudaron a afianzar os contidos con maior seguridade e confianza en nós mesmos, o que nos motiva máis cara ó final

CONCILIA EN ENTROIDO

Os nenos e nenas do Concello de Mesía, aproveitaron estes días de Entroido para  facer o que máis lles gusta no Verán… COCIÑA. Puideron desfrutar aprendendo a facer a típica receita de rosquillas de Entroido.

Por outro lado desfrutaron dunha variedade de  xogos  moi diversos de distensión, onde se soltaron a aprender a xogar en conxunto. Xogos como Faros e Barcos, Brilé sentado, Bomba ou Poli-Asesino-Médico mesturados con outros de volta a calma como o Teléfono Estropeado.

Para rematar,  os rapaces aproveitaron o mércores para poñer as súas mellores galas pintando a cara coa temática de fantasía e tamén unha morea de tatuaxes.

Voltamos ás aulas!

Neste mes de xaneiro, nas clases de inglés lúdico do CEIP do Camiño Inglés de Sigüeiro, introducimos as clases falando sobre os regalos que os nenos e nenas recibiron en Nadal, relacionándoo así co vocabulario sobre xogos e xoguetes.

Ademais, abordouse vocabulario relacionado coas partes do corpo e da cara, tal e como podemos ver nas imaxes onde, nenos e nenas, seguindo instrución verbais, foron debuxando as diferentes partes que conforman o rostro de cada un dos debuxos.

Finalmente, traballouse a familia, a cal o alumnado foi identificando a partir dunha figura que resulta coñecida para eles/as: Peppa Pig e a súa familia. Así, para traballar a familia, o alumnado elaborou un mini-libro -que podemos ver nas imaxes- con vocabulario e fixo un debuxo ao respecto.

Este mes lemos o conto infantil: “You’re my magical unicorn” de Joyce Wan.

EMPEZAMOS O ANO

Comezamos Xaneiro por todo o alto. Coa volta ao cole, retomamos a Aula Concilia de Mesia, e os nosos nenos do programa descubren unha nova afición: o xadrez. Ademáis, os Reis Magos deixaronnos diversos xogos novos dos que levamos desfrutando todo o mes. O que mais nos gusta son os famosos “Palillos chinos” cos que  adestramos a memoria e a capacidade de concentración.