Entradas por Sif Servicios

Encontro de mulleres de Melide

Deporte, relaxación, dinámicas grupais, intercambio de experiencias… foron algunhas das iniciativas nas que participaron o pasado sábado 35 mulleres melidenses, nas instalacións do Balneario Río Pambre. Así, a «Xornada de Respiro en Igualdade» combinou accións formativas e de empoderamento feminino con actividades lúdicas que facilitaron a deconexión e o coidado.

POP ART

Esta semana en Calo os nenos e nenas descubriron o Pop art, primeiro vimos varios exemplos, e a continuación fixeron a súa pequena obra. Colorearon e «tunearon» as súas propias caras impresas en blanco e negro, os resultados foron do máis orixinal.

Día da Muller en Dodro

O Concello de Dodro celebrou o pasado venres o Día Internacional da Muller. Unha xornada na que se homenaxeou a cinco mulleres voluntarias do concello que, de xeito desinteresado, colaboran ofrecendo o seu tempo, en diversas actividades municipais. Ademais, Isabel Risco, amenizou o acto en clave de humor, poñendo en valor o papel relevante da […]