SERVICIOS INTEGRAIS DE FORMACIÓN
Ti imaxínalo, nós creámolo!!
Ti necesítalo, nós dámoscho!!
Ti imaxínalo, nós creámolo!!
Ti necesítalo, nós dámoscho!!
Os cambios demográficos, a reformulación nas estruturas familiares, os novos requirimentos do mundo laboral, entre outras; son variables que afectan o desenvolvemento das persoas, grupos e comunidades, e que esixen a implicación dos organismos públicos e privados para poder adaptarse a estas situacións emerxentes.
Conciliar a vida persoal, familiar e laboral é unha cuestión estrutural que afecta á sociedade no seu conxunto.
Así, falar de conciliar a vida familiar e persoal supón considerar necesidades persoais, de formación, de descanso e lecer, inherentes á calidade de vida que, especialmente no caso da muller, tenden a confundirse con necesidades familiares.
A empresa SIF (Servizos Integrais de Formación) comprometida desde hai varios anos con esta realidade, aposta pola posta en marcha de diferentes estratexias materializadas na práctica, que permiten avanzar cara a unha sociedade máis xusta e equilibrada.
O traballo que está a realizar neste eido enmárcase nas seguintes áreas: