Taller de teatro

A semana pasada comezamos un curso de iniciación ó teatro, impartido por dous dos máis grandes profesioais da materia. A continuación unha pequena reseña do currículo de Blanca e Suso.

Co inicio do curso escolar empezamos tamén o Taller de Escolaridade no Concello de Dodro.

Co  incio do curso escolar tamén comezamos en Dodro co Taller de Escolaridade para o alumnado de Primaria. Este ano contamos con 17 nenas e nenos de diferentes cursos:  primiero, segundo, terceiro, cuarto e sexto de Primaria. A pesar das diferenzas de idades e cursos o ambiente que se respira neste taller é marabilloso: rapazas e rapaces colaborando, compartindo momentos de xogo e risas, de amizade, de coidado, de respecto, de agarimo,…

Todos os días traballamos para sacar adiante as tarefas escolares pendentes e os exames – aínda que estemos ao comezo do curso xa tivemos algún que outro – pero tamén temos tempo para liberar enerxía bailando e para relaxarnos coa técnica de  Koeppen e unhas cantas respiracións profundas.

Neste grupo tan heteroxéneo no que contamos con persoas escritoras, bailarinas e debuxantes,… hai un xogo de destreza que tivo unha gran acollida: o xogo tipo “ Jenga” ( torre de ladrillos de madeira). Para aquelas e aqueles que xa acabaron as súas tarefas ou que necesitan uns minutos de desconexión para coller forzas contamos con múltiples xogos pero este está a ter un gran éxito entre as persoas asistentes. A pesar de ser  un xogo moi sinxelo achega múltiples beneficios xa que exercita a concentración e a paciencia ademáis desenvolve a capacidade de análise así como a toma de decisións.

Foi un comezo de curso emocionante e con novidades do que vos seguiremos contando  cousas que xa están en proceso e outras pendentes de comezar para que os nenos e as nenas non só saquen adiante o curso senón que desenvolvan e melloren as súas capacidades e habilidades como persoas.

Fin de semana de mulleres

A pesar de que o fin de semana estivo chuvioso, desfrutouse da “Fin de Semana de Mulleres” coas persoas participantes do Concello de Dodro.
Unha xornada que combina ocio inclusivo, accións formativas e culturais, coa pretensións de favorecer a desconexión, o empoderamento e fortalecer as relacións interpersoais.

Manualidades

Durante os meses de outubro a decembro, ten lugar un taller de Manualidades en Dodro para aprender a traballar con cristal, madeira, materiais de refugallo e incluso facer algún adorno de nadal.

Os martes sería no local municipal de Bexo de 16 a 18 horas e os venres na antiga escola unitaria de Traxeito de 16 a 18 horas.

Obradoiros de Memoria

A principios do mes de outubro espezaron os Obradoiros de Memoria no Concello de Dodro. Son para persoas maiores de 60 anos.

As xornadas son de dúas horas e realizaranse en diferentes parroquias sempre e cando haxa un mínimo de 5 persoas.

BEXO: luns de 16.00 a 18.00 horas.

LESTROBE: luns de 18.15 a 20.15 horas.

VIGO: martes de 16.00 a 18.00 horas.

TALLÓNS: martes de 18.15 a 20.15 horas.

IMO: mércores de 16.00 a 18.00 horas.

TRAXEITO: mércores de 18.15 a 20.15 horas.

TEAIO: xoves de 16.00 a 18.00 horas.