Día Mundial Sen Tabaco

Por medio dun conxunto programado e coherentes de actividades,  cun claro enfoque psico-educativo, pretendeuse que o alumnado interiorizase unha serie de coñecementos, habilidades e estratexias que lles permita adquirir ferramentas para afrontar diversas situacións de risco en relación ao contacto coas sustancias aditivas.

A xincana de hábitos de vida saudable para o alumnado de 2º da ESO dos Municipios de Barro, Cuntis, Moaña e Portas, centrou a súa área de actuación na prevención do consumo de tabaco, xa que esta é unha das sustancia aditivas coas que os/as menores teñen un contacto moi temperá, situándose a idade de inicio entre os 13,6 anos, e producíndose o incremento de consumo entre os 14-15 anos.

Cooperativismo na Mancomunidade de Ordes

Dentro do programa de fomento do cooperativismo que leva a cabo a Mancomunidade de Ordes, se estan celebrando en distintos colexios da comarca unhas xornadas de xogos cooperativos dirixidos a alumnos de 4º, 5º e 6º, onde a través de xogos cooperativos e outras dinámicas explícaselles o que é, para que serve e a importancia de cooperar entre as persoas para lograr máis metas.

De xincana lingüística por Cuntis

O sábado 18 de maio, no pobo de Cuntis non houbo tempo de aburrirse. Durante as máis de dúas horas de xincana dous grupos de cativas e cativos, máis concretamente “As Ninguén” e “Os Pendellos” tiveron que facer probas, probas e máis probas, para conseguir un suculento premio, e nas cales todo o pobo lles axudou.