Mans Divertidas

No concilia de Semana Santa de Dodro as nenas e os nenos disfrutaron moito e fixeron auténticas obras de arte. Tiveron tempo para facer manualidades como o GRattage de Joan Miró e distintos obradoiros donde se sentiron verdadeiros artistas. Tamén aproveitaron para disfrutar un pouco do bo tempo con xogos ao aire libre como o zapatiño inglén e o brilé. Sen dúbida, foron uns días moi divertidos.

Lecer Primavera O Pino

A primeira hora entretíñanse con xogos de mesa, contos, plastilina e colorear debuxos de pascua.

Despois iamos a sala de multiusos e alí xogaban libre facendo unha casa e xogar o can e gato e varios xogos.

Como actividade fixemos uns niños cos seus ovos. Coloreamos uns folios a cores polas dúas caras que despois os recortamos con tesoiras especiais para facer de palla para o niño.

Despois coloreamos os ovos, que antes se lavaron moi ben con auga e xabón, algúns quixeron botar purpurina e outros colorealos, despois da pintura base.

Outro día fixemos o niño para o ovo con botellas de plástico, decorámolas con pegatinas en forma de estrelas e círculos brillantes, cando xa estaban listos metemos os ovos xa secos nos nidos.

O día que non facía bo tempo, volvíamos a sala de xogos e xogabamos a esconder obxectos, baile, xogos con aros e as estatuas, todo con música.

O día que fixo bo, saímos ó patio, uns xogaron ao fútbol e outros no parque.