Xornada de Mulleres de Melide

Un total de 60 mulleres do Concello de Melide, participaron na xornada da muller onte sábado 25 de marzo.

Neste día combináronse sesións formativas e lúdicas; así como a realización de veladas e xogos de distensión.

Unha xornada para aprender, descubrir, compartir, desconectar, disfrutar e sobre todo sorrir.

III Ruta de Tapas por Dodro

Se non tes decidido o que facer esta fin de semana, achégate a Dodro. Desde o venres 24 ás 19 horas atan as 15 horas do domingo 26 podes degustar, nos locais participantes, dunhas saborosas tapas. Se cobres o teu pasaporte e nos dis cal é para ti a mellor tapa entrarás nun sorteo de dúas fines de semana nunha casa de turismo rural.

Acércate o Bar Gómez de Teaio, Casa Buela de Imo, Bar Piñeiro de Imo, Bar Xuncos de Imo, Bar da Silva de Tallós, Casa Pancho de Dodro e Bar Kaprichos de Lestrobe e saborea Dodro.

CARTEL

Tecendo un mundo

“Tecendo un mundo” programa desenvolvido no CPI de Pontecesures con motivo do Día Internacional da Muller. O alumnado aportou unha tea diferente e que se uniron facendo un tapiz por aula. Con esta metáfora quíxose falar da importancia de unirse e contemplar a diversidade para defender que a igualdade de oportunidades se constrúe a través do recoñecemento da pluralidade.

Os distintos tapices estarán expostos na Casa Consistorial ata finais de mes e despois voltarán ás aulas onde se crearon.

Curso de Cociña en Frades

Hoxe comeza no Concello de Frades, na parroquia de Galegos, un curso de cociña. Impartirase durante 6 sesións de tres horas, as tres primeiras serán os venres e as tres últimas os sábados de 20:30 a 23:30 horas.

CARTEL CURSO DE COCIÑA

Día Internacional da muller

Que é ser muller? pretende, a través da mirada infantil, homenaxear as mulleres do Concello de Dodro, dende o recoñecemento da pluralidade e a diversidade; poñendo en valor o papel fundamental que están a desenvolver neste momento da historia.

Ceducando en Arbo

Dentro das actividades da Escola de Nais e Pais do Concello de Arbo, tivemos a oportunidade de impartir a sesión expositiva «A importancia de coeducar como prevención da Violencia de Xénero». Grazas a todas pola vosa participación e acollida. Ata outra!

Tecendo un mundo

Infantil e primaria do CPI de Pontecesures participaron hoxe nunha actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller. O resultado foi a elaboración dun tapiz común, formado a través de teas de diversas cores, texturas e estampados, etc. De forma creativa, esta metáfora, móstranos a importancia de unirnos, aínda coas nosas diferenzas, para defender a igualdade de oportunidades e que a unidade se forma a través do recoñecemento da pluralidade.

Retratos de Muller

Retratos de Muller, pretende, a través da mirada infantil, homenaxear ás mulleres do Concello de O Pino, dende o recoñecemento da pluralidade e a diversidade; emprazando ao propio alumnado a reflexionar e referir, sobre o papel que xogan os mulleres no desenvolvemento da propia comunidade. Dende hoxe ata final de mes pódese visitar dita exposición no Centro Sociocultural Luís Seoane (Arca). O venres 10 elixirase unha proposta gañadora en función aos seguintes niveis: Educación infantil, 1º-2º- 3º de Educación Primaria, 4º-5º-6º de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.