Lecer Nadal

Chegan as vacacións de Nadal para os coles pero moitos e pais e nais de O Pino teñen que seguir traballando así que é o momento da conciliación. Dende o 22 de decembro do 2016 ata o 5 de xaneiro do 2017, ambos incluídos,  levarase a cabo o Lecer Nadal, Programa no camiño da Conciliación Laboral e Familiar onde os rapaces e rapazas de 3 a 12 anos poderán seguir aprendendo por medio de xogos e outras actividades lúdicas.

cartel

Curso de cociña de Nadal

Esta época do ano e na que nos reunimos con toda a familia e amigos e amigas arredor dunha mesa de comida. Como anfitrións queremos deixar o pavillón ven alto e de mellor forma que asistindo a un curso que nos ensine a cociñar e empratar. Onte rematou o curso de cociña de Nadal no Concello de Dodro no que aprenderon a facer os entrantes, primeiros pratos, segundos pratos e postres agora só toca poñelo todo en práctica.

I Concurso de Tapas de O Pino

O venres 16 de decembro celebrouse no Concello de O Pino a entrega de premios do I Concurso de Tapas, Camiñando e Tapeando. Foron 13 os locais participantes pero só dous foron os gañadores. O primeiro premio foi para o Restaurante Andaina (parroquia de Arca) e o segundo para o Restaurante Bello (parroquia de Castrofeito). Tamén houbo regalos para as persoas que degustaron as diferentes tapas, unha cea e unha fin de semana para dúas persoas.

Actividades 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Esta semana acabamos as actividades que se veñen a desenvolver durante todo o mes de novembro e parte do de decembro co motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Foron varios os concellos e centros escolares nos que estivemos e lle queremos dar as grazas por contar coa nosa axuda para dar un paso máis cara a erradicación desta lacra social.