Lecer Primavera en O Pino
As torrixas son un doce moi tradicional en Semana Santa e os rapaces e rapazas de O Pino non podían deixar pasar o taller de cociña sen facer este sinxelo postre.
Lecer Primavera O Pino
Lecer Primavera ’16 comeza o luns 21 no CPI Camiño de Santiago para satisfacer a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar do Concello de O Pino nos días non festivos da Semana Santa.
II Ruta de tapas por Dodro
A partir da tarde de hoxe e durante toda a fin de semana podes achegarte a Dodro e disfrutar das tapas que che ofrecen 8 locais do concello durante a II RUTA DE TAPAS.
Faite cun pasaporte nun dos locais participantes, nas instalacións do concello ou en Servizos Sociais e sélao en 5 establecementos despois de probar a tapa, elixe a que mais che gusta e entrarás nun sorteo de dúas fines de semana nunha casa rural!!
- Bar Gómez de Teaio
- Casa Buela de Imo
- Bar Piñeiro de Imo
- Bar Xuncos de Imo
- Mesón de Bexo de Bexo
- Bar Da Silva de Tallós
- Casa Pancho de Dodro
- Bar Kaprichos de Lestrobe
Remataron as xornadas nos coles de Melide
Co CEIP Nº 1 deron por finalizadas as xornadas para conmemorar o Día Internacional da Muller. Diferentes probas e postos relataron aos/as menores a necesidade de visualizar o papel da muller ao longo da historia e tamén na sociedade actual.
Habilidades Sociais e Educación Emocional
Esta semana pasada remataron, no CPI Ponte Carreira, unha serie de charlas sobre habilidades sociais e educación emocional onde o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO puideron aprender a importancia de expresar os sentimentos entre outras cosas.
«Unha muller na miña vida»
Plasma por escrito unha frase ou sentimento que provoque na túa vida a relevancia dunha figura feminina e entrégaa entre o 13 e o 23 de marzo nos lugares habilitados para esa labor e poderás se o gañador ou gañadora dun dos premios do concurso.
Encontro de mulleres de Melide
Deporte, relaxación, dinámicas grupais, intercambio de experiencias… foron algunhas das iniciativas nas que participaron o pasado sábado 35 mulleres melidenses, nas instalacións do Balneario Río Pambre. Así, a «Xornada de Respiro en Igualdade» combinou accións formativas e de empoderamento feminino con actividades lúdicas que facilitaron a deconexión e o coidado.
Concurso fotográfico «Un día con Papá»
Por que un pai merece o mellor, en Padrón, celébrase este día cun concurso fotográfico.